As Tumbas Dos Nosos Antergos

Fai un par de semanas, dende “O Son Da Curuxa” publicamos un par de artigos sobre as mámoas en Santa Comba, e a mitoloxía que levan consigo (lendas e tesouros dos mouros). Gracias a isto, os formantes deste modesto blog, coñecemos da existencia dun estudoso do tema. Un Xalleiro que fixo da súa paixón polo patrimonio histórico o seu oficio, o arqueólogo Lino Gorgoso López.


Lino comentounos da posibilidade de publicar un estudo máis profundo no tema, xa que daba pra moito. Xunto con Fátima Sánchez, arqueóloga tamén xalleira, fixo un estudo abrainate, no que se contextualiza o fenómeno megalítico, explícanse as peculiaridades do mesmo, e remátase catalogando o número de monumentos no noso concello, así como a súa situación actual (xa que como veredes, moitos desapareceron).

Unha das mámoas da Sancriñeira.


Estes dous grandes investigadores, fálannos tamén de por qué as cousas están como están (bastante ou moi mal por desgracia) pero deixannos unha mensaxe de esperanza cara o futuro, xa que a posta en valor deste tipo de megálitos, sería un gran paso para o futuro do noso concello, no eido cultural e mesmo turístico.
A continuación, presentámosvos os artífices de tamaña obra!

Fátima Sánchez Blanco


Nada na aldea do Busto, na parroquia de Santa Sabiña.
Estudou no CEIP Barrié de la Maza e no IES Terra do Xallas en Santa Comba.
Investigadora predoutoral da Universidade de Compostela, completou o grao de Historia e o Máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade na Universidade de Santiago de Compostela.


No 2015 comezou a súa formación no tratamento e xestión de materiais con conxuntos cerámicos da Idade do Ferro do NW da Península Ibérica. Responsable do procesamento e estudo dos materiais do xacemento de O Peto (Allariz, Ourense) no 2015, o Castro Doade (Lalín, Pontevedra) desde 2016, o Castro de Socastro (Rois, A Coruña) no 2017, o Castro de Vilela (Taboada, Lugo) no 2019 e en Sikait (Wadi Sikait, Exipto) no 2020.
Experiencia profesional como arqueóloga técnica desde 2016 en escavacións peninsulares. Participación na organización das Xornadas de Arqueometría en Galicia desde o ano 2015 e nas XII Xornadas de «Jóvenes en Investigación Arqueológica» no 2019.

Lino Gorgoso López


Nado en As Travesas (1982), parroquia de Santa Sabiña.
Licenciado en Historia pola USC (2005) coas especialidades de Prehistoria, Arqueoloxía e Historia Antiga. Posteriormente leva a cabo estudos de Terceiro Ciclo na mesma universidade. No ano 2010 acada a Suficiencia Investigadora na fase predoutoral, cun estudo sobre o megalitismo e asentamentos do Terceiro Milenio a.C. en Galicia; dende entón colabora co grupo GEPN da Universidade de Santiago, participando en numerosos artigos de investigación en distintas revistas especializadas.


Arqueólogo profesional dende o ano 2005, realiza traballos de control e seguimento de numerosas obras por todo o territorio galego, así como prospeccións, escavacións e estudos de impacto ambiental. Participa en escavacións en xacementos senlleiros como o Castro de Elviña (A Coruña), Os Pericos (Ribeira), Castro de Socastro (Rois) ou Monte do Castro (Ribadumia), e xa baixo a súa dirección en A Lanzada ou no Castro de Vigo, entre outros. Dende 2019 dirixe e coordina as investigacións acerca do xacemento romano de Brandomil.

Ponte de Brandomil, sobre o río Xallas.

Como vedes, non é pequena a traxectoria destes grandes historiadores/arqueólogos!

Pra nós, é unha verdadeira honra poder contar con tales colaboradores, e poder dar a coñecer por primeira vez ao público, este gran traballo, que non debera deixar indiferente a ningún xalleiro/a, pois estamos falando do noso patrimonio máis puro e antigo!!


Sin máis dilación, deixámosvos a continuación o artigo completo, titulado :


“As Tumbas Dos Nosos Antergos”


Que podedes descargar directamente pinchando no seguinte enlace azul!

_AS TUMBAS DOS NOSOS ANTERGOS

 

Novamente, agradecerlle a Lino e a Fátima que contasen con nós pra dar a coñecer este seu traballo!

Roberto López Castro

Sergio Vázquez García

Jorge Castelo Mourelle

Anuncio publicitario

3 comentarios sobre “As Tumbas Dos Nosos Antergos

    1. Espléndida idea a publicación de traballos tan interesantes e rigorosos coma os destes dous veciños nosos, Lino Gorgoso López e Fátima Sánchez Blanco, AS TUMBAS DOS NOSOS ANTERGOS AS MAMOAS E MEDOÑAS DO CONCELLO DE SANTA COMBA. O Concello tería que vixiar estas aparicións e preocuparse por estimular traballos coma estes. Non sería unha mala nova escoitar que nalgún momento os seus responsables tiveron a idea de crear, por exemplo, un premio para estudos, investigacións e divulgación do noso patrimonio cultural. Sería un modo de estimular a curiosidade polo noso dos máis novos e o respecto e imporatncia da súa conservación dos máis vellos.
      Sigo coa maior atención o voso traballo. Mil parabéns!

      Le gusta a 1 persona

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s